DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA
CORUÑA
Convocatoria de programas de
apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras entidades locais
para actividades e investimentos durante o ano 2013.
XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA
A participación cidadá ten a finalidade de mellorar a condición física e
psíquica, o desenvolvemento de relacións sociais e o logro de resultados. Así,
desde o Concello considérase importante traballar a favor da participación
social da xente nova impulsando, por unha parte, as relacións sociais e o
desenvolvemento persoal e, por outra banda, promover o patrimonio cultural da
zona e de Galicia.
ADECUACIÓN Á CONVOCATORIA
A proposta que presenta o Concello,
recollendo o impulso de actividades
culturais dirixidas á poboación nova, é adecuada á presente convocatoria de
“Programas de apoio á cultura e o deporte” en base aos seguintes aspectos:
1. A importancia de valorar o patrimonio
cultural propio de Galicia, mediante o impulso de manifestacións culturais.
O interese polo patrimonio cultural propio é importante para valorar a
propia identidade e, a través do coñecemento cun sentido crítico, poder
apreciar as manifestacións culturais próximas, así como desenvolver outras
novas.
2. O impulso da participación xuvenil en actividades destinadas a recuperar o
patrimonio provincial.
Tal e como se mencionou, a participación social é fundamental para un
desenvolvemento físico e psicolóxico das persoas, polo que é básico traballar
coa xente nova para reforzar a súa personalidade e, ademais, potenciar o
coñecemento cultural propio a través da súa difusión, da recuperación do
patrimonio provincial e de novas achegas críticas e artísticas.
3. O fomento do tempo libre educativo a
través de actividades que promovan tanto a participación cidadá como a
construcción individual e colectiva de valores, coñecementos, etc.
O tempo libre promove o desenvolvemento integral da persoa, favorecendo a
realización de actividades, as relacións con outras persoas e a propia
expresión cultural, artística… Por estes motivos, considérase importante
traballar sobre o tempo libre cun enfoque educativo como medio para compartir
coñecementos, valores, diferentes puntos de vista, etc. sempre cunha reflexión
crítica sostida, neste caso, en aspectos culturais.
4. A importancia das relacións sociais entre
os colectivos máis novos a través de actividades lúdicas e educativas,
favorecendo tanto o autocoñecemento como o coñecemento das e dos demais
participantes a través das relacións sociais, a autoestima, a empatía…
Seguindo coa explicación anterior, considérase fundamental promover
habilidades persoais e sociais entre a poboación máis nova mediante actividades
culturais conxuntas que favorezan as relacións interpersoais e o traballo
colaborativo.
IMPORTANCIA DO TEMPO LIBRE
O Concello considera fundamental que, dentro do contexto cultural promovido
por esta convocatoria, se destaque a importancia do tempo libre educativo posto que a participación social en temas culturais
rexistra, segundo o estudo sociolóxico "Jóvenes Españoles 2005", publicado pola Fundación Santa María, valores baixos que é preciso potenciar tanto por un ben cultural como
social.
Desde o Concello considérase, de acordo coa finalidade da convocatoria para apoio á cultura e o deporte, por unha parte, que o tempo libre é máis que un tempo ocupado por actividades lúdicas
fóra do tempo dirixido a cuestións obrigatorias (estudos, traballo…), sendo
tamén un tempo para obter unha satisfacción persoal sobre determinados
intereses, afeccións, etc.
E, por outra parte, a educación é máis que a simple transmisión de
coñecemento, considerando un dos seus obxectivos a socialización das persoas,
neste caso entre as mozas e os mozos, mediante valores e coñecementos que
sustentan a sociedade.
Por iso, o Concello considera básico promover o tempo libre educativo como un proceso primordial para o
desenvolvemento integral da persoa.
IMPORTANCIA
DO PROGRAMA PARA A POBOACIÓN DESTINATARIA
A sociedade actual, a sociedade da información, caracterízase
por unha serie de trazos que a poboación xuvenil interioriza desde as idades
máis novas. Por iso, enténdese que o tempo libre educativo debe centrarse na
persoa, prestando atención ao grupo e ás relacións interpersoais para recuperar
así a sociabilidade.
Por todo isto, é importante dirixir este programa
á poboación nova, como futuro da sociedade actual, baseándonos nas diversas posibilidades
que ofrece o tempo libre.
Desde o Concello considéranse importantes as
funcións do tempo libre xa que posibilitan:
- A expresión e a creación cultural, a través do coñecemento cultural propio e novas achegas.
- O enraizamento coa cultura popular e a comunidade social inmediata, achegando a propia cultura á poboación máis nova, de xeito que poidan apropiarse da tradición.
- A convivencia gratuíta con outras persoas, mostrando que o ocio está desligado de cuestións económicas por medio de actividades creativas e alternativas ao ocio máis habitual (por exemplo, a través dos xogos tradicionais e populares que forman parte da nosa cultura).
- Un profundo coñecemento de cada persoa sobre si mesma, das propias limitacións e contradicións e, á vez, das propias posibilidades. Unha vez que cada persoa se coñece mellor a si mesma, favorece a súa participación en diferentes actividades ou desenvolvendo accións diversas a través do traballo colaborativo.
- A xeración dun estilo de vida distinto do promovido pola sociedade actual e particularmente a través do tempo libre, reforzando un tempo de ocio educativo e activo.
- A análise crítica da posición de un/unha mesmo/a, das demais persoas e as cousas, favorecendo a empatía, as habilidades sociais, a comunicación...
- O compromiso social, político e humanista, achegando a historia e a cultura propia, promovendo de forma especial o patrimonio provincial: folklórico, musical, arquitectónico, lingüístico…
No hay comentarios:
Publicar un comentario